ESTATUTOS DA CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.)
Capítulo I
Denominación, ámbeto enderezo social
Art. 1º. Denominación.
Os comparcentes, ao abeiro da Lei Orgánica 11/85, de dous de agosto, sobre Liberdade Sindical, acordan constituir neste acto unha Organización Sindical denoiminada: “CENTRAL OBREIRA GALEGA”, coas siglas “C.O.G.”.
Art. 2º. Ámbeto temporal.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), constitúese por tempo indfinido.
Art. 3º. Enderezo social.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), fixa o seu enderezo social en A Coruña, Ronda de Outeiro nº 103 / 1ºB.
O enderezo social poderá ser modificado por acordo da maioría simple do Congreso Nacional.
Art. 4º. Ámbetos territoriais e funcional.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), ten como ámbeto territorial de actuación a Comunidade Autónoma de Galiza.
Desenvolve a súa actividade na defensa dos intereses de clase de todos os traballadores e traballadoras de Galiza, por conta allea ou autónomos sempre que non teñan traballadores ou traballadoras asalariados e asalariadas ao seu cargo e con independencia do encadramento ou sector: primario, da produción ou de servizos.
Capítulo II
Órganos de representación, goberno, administración, funcionamento e réxime de provisión electiva de cargos
Art 5º. Organización territorial.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) estrúcturase formando Unións Comarcais, pola agrupación de varias localidades, seguindo criterio de afinidade, proximidade xeográfica e de operatividade funcional.
As Unións Comarcais son as seguintes:
- Pontevedra: Pontevedra e provincia.
- Santiago: Santiago, Padrón, Negreira, Comarca do Barbanza, Muros e Noia.
- A Coruña: A Coruña, Bergantiños e Betanzos.
- Ferrol: Ferrol, As Pontes e Ortigueira.
- Lugo: Lugo e provincia.
- Ourense: Ourense e Provincia.
Sen perxuizo da súa modiicación ou da creación de novas Unións Comarcais por acordo congresual.
A constitución dunha Unión Comarcal requirirá que se cumpran os seguintes requisitos mínimos:
- Un mínimo de mil afiliados/as.
- Que sexa aprobada a súa constitución por 2/3 do Congrso Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Cada Unión Comarcal poderá laborar a súa propia política sindical, sen perxuicio de que nos asuntos que teñan particular trascendencia para o conxunto da Central Sindical, sexa o Secretariado Nacional, como órgano representativo do conxunto da afiliación e das bisbarras, quen o faga.
As diferenzas que poidan xurdir entre as distintas Unións Comarcais da Central e esta, como conxunto de todas as Unións, serán resoltas mediante decisións do Secretarado Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
O Secretariado Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), poderá promover e convocar asembleas comarcais, para tratar asuntos pontoais de trascendencia para o conxunto dos intereses que a Central Sindical representa.
As Unións Comarcais constituidas e as que no futuro poidan constituirse con arreglo os presentes Estatutos, estarán representadas no Secretariado Nacional mediante o Secretario Comarcal, e outro máis por cada 500 afiliados/as.
Art. 6º. Órganos de Goberno.
Establcense os seguintes:
ü A nivel Comarcal:
- Asemblea Comarcal.
- Executiva Comarcal.
- Secretario/a Comarcal.
ü A nivel Nacional:
- Congreso Nacional
- Secretariado Nacional.
- Executiva Nacional.
- Secretario/a Xeral.
Art. 7º. Asemblea Comarcal de Afiliados/as.
Estará constituida por todos/as os/as afiliados/as da Comarca coas cotas ó día, devidamente convocados e convocadas con, ó menos, 48 horas de antelación. Sendo válida a súa constitución en primeira convocatoria con 2/3 dos/as afiliados/as da localidade, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asistentes. Estará presidida pola Eexcutiva Comarcal da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Os acordos tomaranse por maioría simple dos e das asistentes, sen que se poida delegar o voto. O sistema de votación será libre e segredo. Todos/as os/as asistentes terán dereito a voz e voto de conformidade cos regulamentos de orde que se establecerán e que necesariamente axustaranse a principios democráticos.
Competencias da Asemblea Comarcal:
- Elexir aos membros da Executiva Comarcal.
- Aprobar a súa xestión.
- Aprobar os informes económicos da Comarca.
- Elexir os/as membros para o Secretariado Nacional.
- Elexir o/a Secretario/a Comarcal.
Art. 8º. Executiva Comarcal.
Será elxida polos/as afiliados/as da Comarca constituida. O númro de membros sera de 5 a 9, en función da afiliación, que serán elexidos entre os/as afiliados/as da localidade mediante sistma de votación libre, directa e segreda.
A tal fin todolos candidatos/as poderán facer propaganda das súas candidatuuras.
A Executiva Comarcal reunirase periodicamente con carácter ordinario como mínimo unha vez o mes, sendo convocada polo seu Secretario/a Comarcal e no seu defecto polos 2/3 dos membros do organismo. A convocatoria farase cun mínimo de 24 horas de antelación acompañada dun orde do día con asuntos a tratar.
Sempre que o estimen oprativo e necesario, os/as Secretarios/as das Secións Sindicais constituidas, poderán formar parte deste organismo comarcal.
Art. 9º. Congreso Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
É o órgano soberano da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
A súa composición será fixada polo Secretariado Nacional seguindo criterios democráticos, con estrito respeto á proporcionalidade, tomando como base o númro de afiliados/as de cada Unión Comarcal.
Componse de delegados e delegadas elxidos e elxidas democráticamente nas distintas Asembleas Comarcais da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Convocarase ordinariamnte polo Secretariado Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), cada catro anos, mediando entre a súa convocatoria e a súa celebración, un mínimo de catro meses, fixando na convocatoria os asuntos que serán sometidos ó msmo.
Competencias do Congreso Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.):
- Definir a política sindical da Central Sindical.
- Acordar fusións, disolucións ou integración noutras centrais sindicais.
- Elexir o/a Secretario/a Xeral da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
- Elexir a Executiva Nacional da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
- Elexir a Comisión de Garantías.
- Aprobar os presupostos e liquidación das contas da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
- Resolver cantas cuestións lle sexan propostas.
- Os acordos acadaranse por maioría simple dos/as asistentes/as, agás nos acordos relativos a fusión, integración ou disolución; nos que se requirirá os 2/3 dos/as delegados/as asistentes.
Art. 10º. Congreso Extraordinario.
Con este caracter e só para tratar e pronunciarse sbre o tema obxeto da convocatoria. Poderá convocalo o Secretariado Nacional por maioría dos seus membros, tamén un 20% das Unións Comarcais constituídas, ou ben por 1/3 do conxunto de afiliados e afiliadas da Central Sindical.
A convocatoria farase cun mínimo de 60 días de antelación á data da celebración do Congreso Extraordinario.
Art. 11º. Secretariado Nacional.
É o máximo órgano de dircción da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) entre congresos.
Estará constituido polos e polas representantes elexidos/as para o msmo nas distintas Unións Comarcais, polos Secretarios/as Comarcais, polos membros da Executiva Nacional elexida no Congreso así como polo/a Secretario/a Xeral da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Runirase ordinariamente cada 2 meses a convocatoria do Secretario/a Xeral da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) e no su defecto por 1/3 dos seus membros.
Os acordos acadaranse por maioría simplde de votos de membros asistentes.
Competencias:
- Convocatoria do Congreso.
- Aprobación do Regulamento Congresual.
- Administrar e dirixir a Central Sindical.
- Resolver sobre as peticións colectivas ou individuais da afiliación, integración ou adesión.
- Examinar a xestión dos distintos rsponsábeis nacionais.
- Aprobar o presuposto nacional anual e a liquidación anual de contas.
Art. 12º. Executiva Nacional.
Está composta por cinco membros elexidos polo Congreso Ordinario da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) da cal formará parte o Secretario/a Xeral tamén elexido en Congreso Ordinario, que actúa como coordinador da mesma.
Reunirase cunha periocidade de 60 días a convocatoria do Secretario/a Xeral ou no seu defecto por 1/3 dos seus membros.
Competencias da Executiva Nacional.
- Elaborar proxectos de implantación da organización da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
- Propoñer ó Secretariado Nacional, programas de formación sindical para os/as afiliados/as.
- Valorar a actuación nos distintos conflictos.
- Propoñer solución a temas pontoais.
- As que lle sexan delegadas expresamente polo Secretyariado Nacional.
- Elaborar o voceiro periódico da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Art. 13º. Secretario/a Xeral.
Será elexido polo Congreso da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
É o encargado de coordinar o funcionamento e a xestión da Executiva Nacional e do Secretariado Nacional.
É o representante público da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Art. 14º. Comisión de Garantías.
Elexida polo Congreso Nacional Ordinario da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), estará composto por 5 membros que non poderán pertencer a ningún outro organismo nin exercer outro cargo da Central Sindical.
Son competencias da Comisión de Garantías:
- Resolver as propostas de sancións en relación cos/as afiliados/as da Central Sindical.
- Pronunciarse sobre as queixas recibidas dos/as afiliados/as, propoñendo ao Secretariado Nacional as medidas adecuadas para resolvelas.
- Os acordos acadaranse por mayoría simple dos seus membros.
Capítulo III
Adquisición e perda da condición de afiliado/a.
Art. 15º. Afiliación.
Poden afiliarse á CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), todolos traballadores/as, descritos no Art. 4º dos presentes Estatutos, tanto en activo como xubilados/as ou desempregados/as.
Bastará que o/a traballador/a que pretenda afiliarse faga una petición verbal ou escrita dirixida á Executiva Comarcal da Central Sindical, que deberá acordar a súa afiliación no prazo máximo de dous meses. A todo/a afiliado/a seralle extendido un carné da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Deberán aceptar e cumprir os presentes Estatutois, sen prexuízo do seu dereito a promover as modificacións polos procedementos correspondentes.
Non poderán establecerse diferenzas entre os/as afiliados/as por razóns de crenzas relixiosas, sexo, idade, nacionalidade, ideoloxía, raza, filiación política, sempre que non se entre en contradiccións cos principios e obxectivos da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
A afiliación é voluntaria e individual.
Transcorridos 6 meses e mantendo as cotas ó día, o/a afiliado/a adquire os seus plenos dereitos como tal.
Sondereitos dos/as afiliados/as os seguintes:
- Elexir e ser elexido para calquer cargo dentro da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
- Para elector requírese una antigüedade na Central Sindical de 3 meses. Para ser elexido, una antigüedade de 6.
- Utilizar os servizos e prestacións da Central Sindical.
- Recibir solidariedade e axuda en caso de represión por pertenza á Central Sindical.
- Participar en tódalas actividades da da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), sempre con plena liberdade de Expresión.
- Recibir o voceiro periódico da da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Son obrigas do/a afiliado/a:
- Abonar a cota establecida, que será fixada anualmente polo Secretariado Nacional.
- Cumprir os Estatutos.
- Respetar os acordos dos Organismos da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
- - Participar nas actividades da Central Sindical na medida das súas posibilidades.
Capítulo IV
Réxime disciplinario.
Art. 16º. Sancións.
O incumprimento das obrigas establecidas nos presentes Estatutos polos afiliados/as, poderán dar lugar a sancións que, segundo a súa gravidade, poderán revestir as seguintes formas:
- Advertencia.
- Perda de dereitos por un mes.
- Suspensión temporal do cargo para o cal foi elexido ou sancionado até que se reuna o organismo que o elexiu e decida sobre a proposta de destitución do cargo.
- Destitución do cargo.
- Expulsión da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
O acordo de sanción será adoptado polo organismo a que pertence o sancionado. Se o sancionado pertence admáis a un organismo de superior nivel ó de que proceda a sanción, deberá este para ser válido, constar coa ratiicación até que o superior a ratiique..
Toda proposta de sanción deberá ser razoada, fundada e probada os feitos en que se basa, debendo coñecer o/a afiliado/a afectado/a os cargos que se lle imputan polo menos con 15 días de antelación a reunión en que se vaia decidir.
Será necesariamente oído e terá dereito a estar presente na reunión en que vaia acordarse a sanción.
Contra a sanción poderá o afectado recorrer diante da Comisión de Garantías, non adquirindo neste caso firmeza a sanción ata que a Comisión de Garantías se pronuncie ó respcto, e decida sobre a súa procedencia ou improcedencia.
Se a Comisión de Garantías ratifica a decisión sancionadora será posta en práctica dende ese momento, sen prexuizo do dereito do sancionado a rcorrer diante do Congreso da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).,que resolverá definitivamentee nese momento.
Art. 17º. Baixa voluntaria.
Ningún afiliado/a pode ser obrigado a ficar na CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.)., nin realizar actos en contra da súa vontade. En particular, o/a afiliado/a causará baixa automáticamente na CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).:
- A petición popia.
- Non pagar a cota establecida durante 12 meses.
- Por sanción disciplinaria que así o acorde.
- Por deixar de reunir as condicións de afiliación requridas polos presentes Estatutos.
Para causar baixa voluntaria deberá o/a afiliado/a comunicalo verbalmente ou por escrito á Executiva Comarcal, procedendo dende ese momento a efectivizar a baixa en tódolos efectos, estendéndolle pola CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.)., se así o solicitase o/a afiliado/a, unha certificación acreditativa da súa baixa na mesma.
Capítulo V
Réxime económico da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Art. 18º. Recursos económicos.
Os recursos económicos da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) constitúense por:
- Cotas dos/as afiliados/as.
- Donacións e legados a favor da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
- Ingresos por vendas de publicacións ou dos seus bens ou valores.
- Ingresos por prestacións.
- Subvenccións que lles poidan ser concedidas.
- Calquera outros obtidos conforme ós presentes Estatutos e a legalidade aplicabel.
As finanzas da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) serán xestionadas a nivel: comarcal e nacional, polos respectivos Responsabeis de Finanzas.
Art. 19º. Contribución das Unións Comarcais ó sostenemento da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
As Unións Comarcais contibuirán o sostenemento da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) aportando un 30% das cotas ingrsadas na Comarca, así como coa mesma porcentaxe de todo tipo de ingresos con que conte a Comarca.
A tal fin, mensualmente, os Responsábeis de Finanzas Comarcais laborarán un estado de contas por duplicado que enviará o Rsponsábel Nacional, quen devolverá un exemplar devidamente asinado ó Responsábel Comarcal. Así mesmo, co citado estado de contas farase entrega ó Responsábel Nacional da montante que resulte de aplicar o citado 30% a totalidade dos ingrsos habidos na Comarca, segundo se deixou escrito.
O Responsábl Nacional de Finanzas confeccionará trimestralmente un estado de contas da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) que presentará para a súa aprobación ao Secretariado Nacional.
Unha vez aprobado este estado de contas, será emitido copia do mesmo ás distintas Direccións Comarcais da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.). para o seu coñecemento.
A Direción Confederal aprobará un Regulamento de Finanzas.
Calquer afiliado/a que o solicite, poderá examinar os libros de contas da súa Comarca ou Localidade e os da Central a nivel nacional, debendo solicitalos nos primeiros dos casos cunha semán de antelación e no segundo con 15 días.
Art. 20º. Destino dos recursos económicos da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Tódolos recusos económicos da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) serán destinados a satisfacer as necesidades de funcionamento da Central Sindical; a perfeccionar as súas estructuras e a incrementar e mellorar os niveis de prestacións a tódolos afiliados/as. En ningún caso existirá ánemo de lucro.
Capítulo VI
Principios da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Art. 21º. A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) rexese polos seguintes principios programáticos:
ü Democracia: Polo que se garantirá a tódolos afiliados/as á libre expresión das súas opinións e ideas, así como a igualdade de acción a tódolos cargos da dirección da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
ü Internacionalismo: Polo que se fomentará a máis fraternal solidariedade con tódolos traballadores/as do mundo, no obxectivo común de eliminar toda forma de explotación e opresión.
ü Anticapitalismo: Por canto a CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) é contraria a toda forma de explotación do home polo home, afirma o su carácter de Central Sindical de Clase.
ü Independencia: A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) é absolutamente soberana para tomar as decisións que máis conveñan ós intereses dos/as traballadores/as de Galiza; non dependendo as msmas máis que da libre vontade democráticamente manifestada polos afiliados/as da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) que as acorden, sempre con suxeición ós presentes Estatuto. Manifstándose nítidamente independente do Estado, Administracións, Partridos Políticos ou calquera grupo económico ou de presión.
ü Nacionalismo: A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) persegue a Sobeeranía nacional de Galiza a través do exercicio do dereito de autodeterminación, factor inherente a emancipación plena dos traballadores e das traballadoras da nosa Nación.
ü Unidade Sindical: A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) sostén que a consecución dunha Central Sindical Única Galega, é a mellor arma que temos os traballadores e traballadoras de Galiza para avanzar no camiño dunha Patria Soberana e sen explotación, é decir, un Estado Galego Socialista.
Capítulo VII
Obxectivos.
Art. 22º. Son obxectivos da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) os seguintes:
a) Organización e defensa de tódolos traballadores e traballadoras de Galiza.
b) Información e asesoramento á tódolos afiliados/as e traballadores/as, en xeral, nas materias relacionadas cos seus intereses profesionais e sociais.
c) Formación sindical, laboral e cultural, en xeral.
d) Defensa do idioma Nacional de Galiza: o Galego.
e) Defensa da cultura galega.
f) Formación dos/as afiliados/as na conciencia nacional galega.
g) Fomento da participación dos/ afiliados/as a tódolos niveis cívicos.
h) Estreitar lazos de solidariedade cos demáis traballadores/as do País.
i) Promover a constitución dunha Central Sindical Única Galega, que agrupe a tódolos traballadores/as galegos/as, sen distincións nin exclusións.
Capítulo VIII
Símbolos. Idioma. Prensa. Cota sindical.
Art. 23º. Símbolos.
O emblema da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) é o formado por unha silueta do mapa da Nación en branco, no que está inscrita unha estrela vermella e ambas dentro dun anel branco coas siglas C.O.G. e a lenda CENTRAL OBREIRA GALEGA.
Figurarán en tódolos carnes dos /as afiliados/as. Este carne srá uniforme e contará cos datos persoais dos/as afiliados/as.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.), adopta como seu ó Himno Nacional Galego e a Internacional.
A bandeira da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) é de cor vermella co emblema do sindicato no centro da mesma.
A CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) adopta como bandeira nacional, a bandeira galega cunha estrela vermella de cinco pontas no centro da franxa azul.
Art. 24º. Idioma.
Será o galego, adoptando a normativa oficial para a sua escrita, que deeberán coñecer tódolos afiliados/as. Será obriga da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) fomentar o seu uso en todo momento.
Art. 25º. Cota sindical.
Será obriga dos/as afiliados/as satisfacer mensualmente a cota sindical, que será fixada a súa cuantía anualmente polo Secrtariado Nacional, oídas as Comarcas.
Art. 26º. Prensa.
O voceiro da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) é Fronte Obreira de periocidade trimestral. Tódolos afiliados/as terán dereito a rcibilo gratuitamente.
Disposicións Finais
Disposición Primeira: Modificación dos presentes Estatutos.
Os presentes Estatutos establecen o réxime de funcionamento da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) ata o Congreso Ordinario, no que poderán establecerse as modificacións que regulamentariamente se acorden polo mesmo.
Disposición Segunda: Fusión disolución da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.).
Se houbse de ser aprobada en Congreso Extraordinario convocado ó efecto, deberá ser aprobada a decisión por unha maioría de 3/4 dos delegados e delegadas.
O destino do patrimonio da CENTRAL OBREIRA GALEGA (C.O.G.) que exista nese momento, será o que determine o Congreso Extraordinario que acorde a fusión o disolución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario